Taberna






Cando?
SesiónVermú dLuns a Sábado_ 12.00-15.30
MerendaCea dLuns a Sábado_ 20.00-23.00
Peche dDomingo_

#CociñaMiúda

Cada día en función do que atopamos no mercado, facemos unha nova proposta de carta. 

Pratos pensados para compartir.
Cociña de Mercado en estado puro.
A mellor selección de peixes e mariscos.

Unha carta dividida en tres partes:
Crus e fríos, mariscos a puñados e peixe do día.


#Terraza:

SEN Reserva_SomosAbastos. Somos Mercado. Somos local de culto onde gozar dun aperitivo e mariscos a puñados.

Punto de encontro para a xente de Compostela e fin do camiño. A terraza máis concorrida da cidade.



#a Mesa única:

CON Reserva_
Xestionamos a nosa barra-mesa compartida por franxas horarias (12 prazas).


Fala co taberneiro e en función dos teus gustos e preferencias, así como canto queres gastar, cociñaremos un menú a medida (dende 21€)

Ou di: dame dComer! (50€) e con todo o que temos na casa farémoste un menú. Un percorrido por todo o noso recetario. Do mercado á mesa. Deixaste levar?

CON Reserva_ GRUPOS

a Porta Pechada

CON Reserva a partir das 15h e das 22h (nos últimos pases)
A taberna transfórmase nun Espazo Gastronómico dunha soa mesa. A nosa mesa única ofrece un servizo moi especial... A posibilidade de pechar o local para un grupiño e gozar da nosa oferta máis intimista e persoal. A esencia do Abastos.
O cliente decide canto quere gastar e que non quere nin pode comer. Nós en función do que atopamos no Mercado facemos un menú a medida... Os menús comezan en 50€.
Mínimo 8 persoas, máximo 12.
Nesta tempada, ofertamos o Menú#Abastada. Un menú maridado e sen sorpresas por 50€
Atréveste?




<<
Fotos by Ramon Escuredo